Xesticentros.org é unha contorna web que xurde no CEIP de Olveira no 2011 coa finalidade de contribuír á xestión administrativa dun centro de ensino máis aló das ferramentas facilitadas pola administración educativa galega. No 2014 publícase unha versión multicentro que permitía que outros centros educativos puideran empregar todas as utilidades desta contorna web. Grazas á colaboración e suxerencias de moitos docentes esta contorna foi corrixindo erros e activando novas utilidades, co que hoxe temos á nosa disposición un conxunto de aplicacións que nos poden axudar a levar con algún alivio a parte burocrática das funcións docente e administrativa. |